Arquivo por meses: Decembro 2014

Dez centímetros máis perto do ceo. Para ser máis femininas temos que usar tacón?

“Esta son eu con 16 anos, a finais da década dos 90. Recordo que, nese momento, mentres me quitaban a foto, o meu desexo de camiñar cómoda loitaba contra o que dicía a miña familia e a miña sociedade. Pasaron moitos anos, pero volver ver esta fotografía fíxome recordar a pregunta que sempre estivo na miña cabeza: por que para ser máis guapas e máis femininas, temos que usar tacón?”

Así comeza este fermoso documental con guión e dirección de Raquel Rei Branco, compañeira coa que algunhas coincidistes nalgún obradoiro; un documental que se cuestiona dun xeito moi persoal e con intelixencia aspectos da construción da nosa identidade de xénero.

É un documental que se ve con moito gusto, que dá moito para pensar, interesante mesmo para a reflexión nun espazo de mulleres… E ademais é un documental de gran beleza, acompañado da música de Habelas Hainas… unha delicia.

Graciñas Raquel, por compartírnolo!!!

Dez centímetros máis perto do ceu # Galego from raquel rei on Vimeo.

Comezamos un novo obradoiro de Autocoñecemento para o cambio en Cangas

Nesta ocasión o obradoiro realízase a través de Adicam (Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama) e grazas á colaboración de Intered-Galicia.

O prazo de matrícula aínda está aberto ata o mércores 10 de decembro e poden apuntarse mulleres asociadas ( con prioridade) e tamén non asociadas.

convocatoria adicam