Viva a memoria viva das mulleres!!! Honrando ás que nos precederon

Quero invitarte a recuperar a memoria das mulleres significativas da túa vida, mulleres que xa partiron e que infunden sentido á existencia, mulleres sabias, referentes para ti… Nai, avoas, irmás, madriñas, tías, amigas da alma, intelectuais, poetas, activistas, artistas, deusas, investigadoras, científicas, santas, aventureiras…

Este é un obradoiro vivencial para recordar con agradecemento e tenrura a todas esas mulleres e celebralas con alegría e paixón… Porque recoñecendo ás nosas devanceiras, recoñecémonos a nós mesmas.

Vai ser o sábado 31 de xaneiro, en Compostela. Para informarte ou inscribirte podes chamar ao 639 20 36 69 (Tareixa) antes do martes 20 de xaneiro.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas.

Unha apertiña e que o ano novo nos traia todo tipo de goces e bendicións.

“Non camiñas soa. Observa ás mulleres que camiñaron antes ca ti. Escoita ás que viñeron antes. Non te perderás. Senta cabo delas e mira como tecen as súas historias dentro da túa vida.” (O Tao das mulleres – Adaptación)

Tarxeta JPEG