O meu corpo corre, salta, xoga, rí, pensa, sente, respira… e tamén fala!!! Vés escoitalo? Obradoiro para nenas e rapazas

Benqueridiña

Envíoche a convocatoria dun obradoiro pana nenas/rapazas de 7/8 anos a 12/13 anos. As nenas que participaron no obradoiro do ano pasado e as mulleres que as acompañaron quedaron con gañas de máis…

O meu corpo corre, salta, xoga, ri, pensa, sente, respira… e tamén fala!!! Vés escoitalo? é un obradoiro no que faremos exercicios moi sinxelos de autocoñecemento, respiracións e relaxacións, bailes e xogos… Todo para facilitar a cada nena/rapaza que poida experimentar e descubrir, aprender a escoitarse, recoñecer o seu corpo, querelo e coidalo… Xa sabes… Iso do bo trato e do autocoidado…

Vai ser un obradoiro de dous sábados: o sábado 7 de febreiro e o sábado 28 de marzo, de 16h a 20h en Compostela.

En cada sesión de catro horas teremos un primeiro momento conxunto para as nenas/rapazas e as mulleres que as acompañan, e despois un espazo paralelo: un para as nenas/rapazas e outro de diálogo para as adultas. Ao remate poñeremos en común.

Polo tanto, cada nena/rapaza ha de vir acompañada por unha muller adulta, que pode ser súa nai, unha tía, súa avoa, súa madriña, unha irmá maior, unha amiga-adulta…

A tarxeta de convocatoria é intencionadamente sinxela para que lla poidas ensinar á nena ou rapaza á que queiras invitar.

Coma noutras ocasións, podes facer extensiva esta invitación a outras nenas, rapazas e mulleres adultas que ti coñezas…

Biquiños.

   Tareixa.

Nenas e rapazas JPEG