O reino das mulleres. Vivir o amor nunha comunidade matriarcal

A etnia mosuo é unha das últimas comunidades matriarcais que quedan no mundo. Sobreviviron grazas ao seu aillamento nas montañas ao pe do Himalaia, cerca do Lago Lugu, ao suroeste de China. A xente mosuo vive desde hai máis de mil anos desde unha tradición de emparellamento chamado unión libre, é dicir que as parellas non se unen mediante un contrato formal de matrimonio…

Así comeza este documental de Xiaodan He,  titulado Terre des femmes, e traducido co título O reino das mulleres. Un documental de 46 minutos que nos abre perspectivas ao amosarnos outra maneira de vivir e articular socialmente o amor, máis alá do modelo patriarcal presentado case sempre como o único ao longo da historia da humanidade.