Xornada do Reencontro 2015 – A linguaxe da sedución. Para o reencontro con nós mesmas e coas compañeiras

Ola compañeiras!

O sábado 5 de setembro temos unha nova oportunidade para o Reencontro con nós mesmas e con compañeiras coas que partillamos noutros obradoiros.

Ás mulleres interésanos crear redes entre nós. Redes afectivas para o bo trato, para vivir con saúde, para transitar camiños innovadores, para transformar as nosas vidas e crear consciencia e beleza no planeta.

Nesta xornada achegarémonos á linguaxe da sedución, ao poder do si e do non coherentes… Todos os seres vivos buscamos ser recoñecidos e amados… Iso é sedución… Achégome a xente, a situacións que me sacan enerxías e me desgastan, ou atráenme as que me fan ben, me nutren e me vigorizan?

Para apuntarte, antes do 1 de setembro!!!

A achega económica, neste caso, vai ser voluntaria.

(A Xornada é só para compañeiras que participastes en obradoiros)

Apertiñas.

Tareixa.

Convocatoria JPEG