Obradoiro de Relacións afectivas e vínculos amorosos en Compostela

A creatividade segue en ebullición…

Agora mándoche esta invitación para o obradoiro de Relacións afectivas e vínculos amorosos que comeza en Compostela en outubro.

Vai ser un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións afectivas… Como constrúo as relacións coa miña nai ou meu pai,  coa/s miñas parella/s, coas fillas e fillos, coas amigas e amigos… Constrúo relacións que me fan ben e me nutren? Ou constrúo vínculos que me desgastan e me sacan enerxías?

Vai ser un obradoiro no que traballaremos cuestións como o amor, a sedución e o namoramento, os procesos amorosos e os modelos de relación, os guións de vida, a fusión e a separación, o espazo persoal e o espazo compartido, o negociable e o inegociable, os procesos de desamor, as rupturas e as despedidas, a creatividade e os proxectos amorosos.

E miraremos sobre todo como construír relacións saudables e equitativas, relacións de bo trato para a nosa vida.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas… Amigas, irmás, tías, madriñas, nais ou fillas, parellas, colegas, veciñas…

O prazo para apuntarse é o mércores 30 de setembro. Coma sempre, as prazas van ser limitadas.

Convocatoria 1