Arquivo por meses: Decembro 2015

Jornadas de auto-formaçom sobre violências machistas

María e Mari Fidalgo fannos chegar esta convocatoria coa seguinte invitación:

Bom día companheiras! Já estam em marcha as I Jornadas sobre Violências Machistas que teram lugar no vindouro mês de janeiro n´As Corcerizas, na Serra de Sam Mamede (Ourense).

Estas jornadas nascem da vontade das mulheres que acompanhamos dalgum ou outro jeito o processo de agressom machista acontecido no passado mês de maio em Compostela, e que deu lugar a um espaço de compartilha e reflexom arredor das violências machistas nos movimentos sociais ao que assitimos mais de 50 mulheres do total de 182 assinantes do manifesto “Basta de agressons machistas nos movimentos sociais”.

Umha das iniciativas xurdidas desse encontro foi a preparaçom dumhas jornadas de longa duraçom nas que podermos abordar dum jeito mais profundo o que som as violências machistas, por que acontecem e como reagir ante elas. O resultado já está eiqui! Aportamos informaçom sobre o encontro no cartaz anexo.

O primeiro praço de inscriçom está aberto às mulheres que assinarom o manifesto, já que estimamos importante prioriçar as prazas a este grupo.

A partires do día 20 de dezembro, as praças abriram-se para todas aquelas mulheres que queiram assistir ao encontro. Ao fazerdes a vossa inscriçom, lembrade de enviar ao email  jornadascorcerizas2016@gmail.com os seguintes dados: nome, telefone, email, se vindes com crianças, se tendes algumha diversidade funcional ou algumha intolerância alimentària. Qualquer outra dúvida, será atendida também nesse endereço de correio-e.

Umha aperta fonda e lilás.

SAÚDE E FEMINISMO!

JornadasViolenciasMachistas

O traballo coas emocións, unha vía directa de empoderamento

Ana Belén comparte comigo estas descubertas e vivencias nos días seguintes de participar nun obradoiro sobre emocións. Estimeinas de tanto interese que lle pedín permiso para publicalas… Graciñas, Ana!

“Preciso compartir contigo, Tareixa… Seguindo coa miña comprensión emocionada de onte, e dende o corpo de que o “permiso” para as emocións segundo o xénero non é casual, senón que atende ao interese do patriarcado, daquela o traballo coas emocións para as mulleres é unha vía directa de empoderamento!

Hoxe vexo que as miñas emocións, por unha cuestión de xénero, son emocións do ámbito privado. Vexo e entendo que o meu crecemento é tamén unha cuestión política, porque algo teño que desactivar para saír ao público e poñerme no mundo. Sen ese traballo, toda a miña creatividade, talento e sabedoría, terán un impacto mínimo. Por outro lado, moitas das mulleres que triunfan no público, que adquiren poder, é coas claves e permisos do patriarcado, así que se fan defensoras do que hai… Como afecta esta comprensión á miña vida? Quedo con esta pregunta. Por sorte, moitas mulleres están e estamos cambiando o mundo.

Tareixa, que casualidade! aparecéuseme este libro, El corazón tiene sus razones. Conocer el lenguaje de las emociones, de Isabell Filliozat, que pon palabras a esa comprensión. Estouno lendo con perspectiva de xénero e atopando respostas que me ordenan por dentro.”

Ana Belén (setembro de 2015)

A revolución dos coidados é posible!

Recollo estas palabras da nosa compañeira Cristina, sobre os obradoiros e os coidados…

“A través dos obradoiros estou descubrindo un mundo novo e sinto que me queda moito camiño por facer… Estame servindo tanto, tanto, na miña vida todo o que imos aprendendo nos obradoiros que me propoño para este novo “curso” darme moitos espazos de crecemento para min. Vexo que a revolución dos coidados é posible! Ademais de moi necesaria…”

Cristina (agosto de 2015)