Benqueridiñas
Envíovos a convocatoria a un obradoiro que sei moi esperado por moitas de vós… Finalmente pódese facer realidade e leva por título: Sen partir, a muller sabia empeza a súa viaxe. CONFIANDO NAS SÚAS EMOCIÓNS comprende sen esforzo, que é un dos versos do precioso libro El Tao de las mujeres (de Pamela K. Metz e Jacqueline L. Tobin, editorial Gaia).
Vai ser un espazo para conectar coas nosas emocións: coa tristura, o enfado e a rabia, o medo, a satisfacción, a culpa, o amor, a vergonza, a alegría, a dor… Un espazo para permitirnos sentir, escoitar tranquilamente as nosas emocións, miralas con tenrura e recoñecelas con paz. Esta é unha ruta de autocoñecemento para o cambio desde a aceptación de como estamos en cada momento.
Por suposto, podedes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da vosa vida que poidan estar interesadas.
Para apuntarse, cómpre chamar ao 639 20 36 69 antes do venres 05 de febreiro. Coma sempre, as prazas van ser limitadas.
Desta volta, priorizarase a inscrición das mulleres que teñan participado nalgún outro espazo de TR.
Unha apertiña.
Tareixa.