Sobre dos guións de vida… 48 cousas que as mulleres escoitan ao longo da súa vida…

Falamos e traballamos os guións de vida hai uns días no obradoiro de Relacións afectivas e vínculos amorosos e Eva, unha das participantes, mandounos este video de algo menos de dous minutos: 48 cousas que as mulleres escoitan ao longo da súa vida. Nel aparecen algunhas desas frases que, un día si e outro tamén, nos toca escoitar ás mulleres… Son guións de vida de xénero que nos transmiten na casa, no colexio, no traballo, nos medios de comunicación…

Os guións de vida sostéñense cunha frase que se repite e repite. Non son meus, pero funciono con eles. Son patróns que me obrigan a facer algo, mandatos internos: “hei de facer isto…” Só se me dou conta dos guións cos que funciono e que me mancan, podo cambiar de lugar e verme doutro xeito. Porque os guións son aprendidos (non están no código xenético!) e temos sempre a liberdade de aprender a desaprender.