Arquivo por meses: Febreiro 2016

El caballero de la armadura oxidada (audiolibro)

O fermoso libro El caballero de la armadura oxidada, de Robert Fisher (ediciones Obelisco) está agora en audiolibro…

Trátase dunha viaxe labiríntica con aliadas/os e montros na que calquera de nós podemos sentirnos reflectidas/os…

Unha viaxe na que un cabaleiro de armadura oxidada atravesa os Bosques de Merlín e o Sendeiro da Verdade,  para ir ao Castelo do Silencio e ao Castelo do Coñecemento,  chegar ao Castelo da Vontade e da Ousadía e finalmente escalar á Cima da Verdade… Un conto que ensina camiños para liberarnos de barreiras que nos impiden coñecernos e amarnos e ser capaces de dar e recibir amor…

Construíndo relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato. Obradoiro en Cangas

Ola!

Mándoche a convocatoria ao obradoiro Construíndo relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato que comeza en Cangas o vindeiro xoves 3 de marzo e ao longo de 8 xoves (ata o 2 de xuño), en horario de 17h a 20h.

Desta volta é un espazo organizado pola asociación ADICAM de Cangas (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama) e INTERED Galicia. E a matrícula subvencionada é de 50€ para todo o curso.

Vai ser un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións afectivas… Como constrúo as relacións coa miña nai, meu pai, miña parella, fillas e fillos, coas amigas e amigos… Constrúo relacións que me fan ben e me nutren? Ou constrúo vínculos que me desgastan e me sacan enerxías?

Vai ser un obradoiro no que traballaremos os mitos e as realidades do amor, a sedución, o namoramento, os procesos amorosos e os modelos de relación, os guións de vida, a fusión e a separación, o espazo persoal e o espazo compartido, os negociables e os inegociables, os procesos de desamor, as rupturas e as despedidas, a creatividade e os proxectos amorosos.

E miraremos sobre todo como construír relacións saudables e equitativas, relacións de bo trato para a nosa vida.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas…

O prazo para apuntarse é o luns 29 de febreiro e hai que apuntarse en Adicam (986 30 71 58) ou en InteRed (981 58 79 66 ou galicia@intered.org).

Pincha en “Cartel” (máis abaixo) para vertoda a información…

Cartel

Feira de Projetos Feministas – Sábado 20 de fevereiro en Vigo

Algunhas compañeiras envían esta información para a súa divulgación…
Seguimos creando redes de encontro… Graciñas!
Durante o IV Encontro das Feministas Autónomas “Contra as violências machistas, iniciativas feministas” teremos um espaço para os nossos projetos, atividades e empresas feministas, forem estes sociais, pessoais ou laborais: tanto os que estamos a idear como os que estamos a pôr em prática já.

Desta maneira, daremos a conhecer o nosso trabalho, teceremos redes com companheiras e afiançaremos vínculos! O feminismo difunde-se e penetra no dia-a-dia graças a projetos individuais e coletivos de cada umha de nós.

Vem à Feira de Projetos Feministas: fotos, brochuras, opúsculos, objetos, amostras de material, descontraídas conversas… todo e mais é bom para fazeres conhecer ao mundo a tua prática feminista!

Escreve para: encontrosfeministasgaliza@gmail.com dando o o teu nome/nomes (das integrantes do projeto), nome ou título da iniciativa, breve descripçom da atividade, contacto (email, telefone…) e blogue/site/facebook (se tens/tedes).

Esperamos-te!

Encontros Feministas Autónomas
CONVITEFEIRA