Construíndo relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato. Obradoiro en Cangas

Ola!

Mándoche a convocatoria ao obradoiro Construíndo relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato que comeza en Cangas o vindeiro xoves 3 de marzo e ao longo de 8 xoves (ata o 2 de xuño), en horario de 17h a 20h.

Desta volta é un espazo organizado pola asociación ADICAM de Cangas (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama) e INTERED Galicia. E a matrícula subvencionada é de 50€ para todo o curso.

Vai ser un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións afectivas… Como constrúo as relacións coa miña nai, meu pai, miña parella, fillas e fillos, coas amigas e amigos… Constrúo relacións que me fan ben e me nutren? Ou constrúo vínculos que me desgastan e me sacan enerxías?

Vai ser un obradoiro no que traballaremos os mitos e as realidades do amor, a sedución, o namoramento, os procesos amorosos e os modelos de relación, os guións de vida, a fusión e a separación, o espazo persoal e o espazo compartido, os negociables e os inegociables, os procesos de desamor, as rupturas e as despedidas, a creatividade e os proxectos amorosos.

E miraremos sobre todo como construír relacións saudables e equitativas, relacións de bo trato para a nosa vida.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas…

O prazo para apuntarse é o luns 29 de febreiro e hai que apuntarse en Adicam (986 30 71 58) ou en InteRed (981 58 79 66 ou galicia@intered.org).

Pincha en “Cartel” (máis abaixo) para vertoda a información…

Cartel