“Ensinar ao alumnado o bo trato para previr o maltrato… Abrir as ventás da aula e falar de que tipo de home, de que tipo de muller queres ser, como te queres relacionar… Cal cres que é unha relación positiva e cal unha relación nociva… Que a perspectiva de xénero encardine todas os temas da aula… traballar as novas masculinidades, os síntomas do maltrato para empezar a recoñecelo, desmontar o sexismo e as mensaxes sexitas que son a base da violencia contra as mulleres…”
Estas son algunhas das palabras que Marian Moreno LLaneza expresaba na charla “Educando para a igualdade: coeducación, educación sexual e emocional“, presentada en Euskadi o pasado mes de outubro do 2015, co gallo das xornadas “CLAVES para el CAMBIO SOCIAL: EDUCACÓN PARA LA VIDA”, celebradas na Facultade de Dereito da UPV/EHu. Profesora de lingua e literatura castelá no IES Emilio Alarcos de Xixón, Marian é xa un referente en igualdade e coeducación.
E é Marisa, tamén profesora no IES de Barro e no CEIP de Moraña, quen nos manda este video que coñeceu a través de Carmen, amiga e colega de profesión. Con Marisa e con outras trece profesoras e profesores estamos a desenvolver o obradoiro “Autoestima, igualdade e bo trato” desde esta mesma inquietude: introducir bo trato e perspectiva de xénero nas aulas…
Paga a pena ver os case cinco minutos de entrevista a Marian Moreno LLaneza…