Arquivo por meses: Xuño 2016

Jornadas da Diversidade – Ourense 2016 – Orgulhosas!

Desde Ourense, a nosa compañeira Natalia reenvíanos esta convocatoria das Jornadas da Diversidade que desexamos de moito proveito para quen se queira achegar a ampliar a súa comprensión das diferentes maneiras de construír a sexualidade e de vivila, tanto persoal como colectivamente.

Orgulhosas[PRINT]

Corpo, terra e tribu. IIº Encontro Mulleres en Transición

A nosa compañeira Mónica envía esta convocatoria ao IIº Encontro de Mulleres en Transición, unha convocatoria que divulgamos con sumo pracer… Transcribimos as súas palabras:

“Companheiras

Por fim está aqui o II Encontro de Mulheres em Transiçom. Depois do sucesso do ano passado do I Encontro no solsticio de Junho, continuamos com ilusom a compartir: Corpo, terra e tribo, três graos imprescindíveis para sementar um sonho nosso, proprio e colectivo, além deste sistema.

Será 18 e 19 de Junho em Vilasantar num espaço amplo e tranquilo. Um espaço de mulheres. Dous dias para conhecer-nos e aprofundar na vida que queremos, com charlas, apresentaçom de projetos, dinámicas de trabalho, e obradoiros (corpo, plantas medicinais…)

Haverá acompanhamento para crianças e muito jardim para elas. No sábado levaremos comida e cea para compartir, e a comida do domingo será maiormente vegana.

Para dormir hai 3 opçons: cama na casa, traer colchom para dormir dentro; e tenda de campanha. Indicade a vossa preferência. Pode-se dormir ali a noite previa ao Encontro.

Convidamos-vos a traer textos para o recanto de leituras, e aquilo que queirades para o mercadinho de troco.

No programa adjunto está toda a informaçom.”

E Olga, outra compañeira que nos fixo chegar a convocatoria, engade:

“Se tedes interesse, ou conhecedes a mulheres que o podam ter, bulide a passar-lhe a informaçom, que só há sítio para 30 (a inscriçom fai-se através do mail mulleresentransicion@gmail.com).

Pel e terra!”

Mull2 Encontro v3Mull2 Encontro v3 - 2

Aprendendo a escoitarme – Obradoiro en Ganesha (Vigo)

Esthér, compañeira dalgún espazo de Terapia de Reencontro, é profesora de ioga e tamén directora do centro de ioga Ganesha en Vigo. Alí realizamos este inverno un obradoiro de Relacións afectivas e Vínculos amorosos, nun espazo coidado e fermoso, cheo de paz e harmonía.

Agora ela envíanos esta atractiva convocatoria dun espazo que vai facilitar neste mesmo mes de xuño: “Taller de Autoestima: Aprendiendo a escucharme”

Transcribo as súas palabras acompañadas do cartel con máis información (hai que facer un clic enriba para que apareza):

“Hola Tareixa:

Estoy ofreciendo un taller para el 11 de junio “Aprendiendo a escucharme”,  facilitando  un espacio de escucha con dinámicas de grupo, dirigido a mujeres para conocerse y tomar contacto con ellas mismas a través de su escucha personal.

En el blog de Ganesha tengo la información, a través del facebook también lo estoy promocionando… si crees que puede ser de interés te mando la información.”

Aí vai…

APRENDO a ESCUCHARME – Portada

APRENDO a ESCUCHARME – Contenidos

Tamén podes atopar información na páxina:  http://ganeshayogavigo.blogspot.com.es/

 

 

 

A experiencia do Seminario de Autoestima, Igualdade e Bo Trato con profesorado e alumnado de IES e CPI

A nosa compañeira Marisa, profesora e coordinadora do Seminario de Formación “Autoestima, Igualdade e bo trato”, redactou unha memoria do traballo realizado co profesorado do IES de Barro e do CPI de Moraña.

Foi un seminario enmarcado dentro da Formación do Profesorado que realiza a Dirección Xeral de Educación e subvencionado en parte polo concello de Moraña. O espazo desenvolveuse co profesorado de ambos centros educativos, ao longo de 6 sesións de 4 horas cada unha, e a un tempo co alumnado a través das sesións guiadas do profesorado. .

Recollemos algunhas das valoracións realizadas por profesoras e profesores que participaron na actividade e que Marisa presenta na memoria:

“Esta memoria quere recoller o impacto que o Seminario tivo tanto no profesorado que participou directamente nel como… no alumnado. O Seminario dende o seu inicio entendeuse como un proceso… Deconstruír estruturas de relación para elaborar unhas novas, dende novas claves, require tempo, e nós apenas estamos empezando, por iso esta formación ten impactos a longo prazo…

No que se refire ao profesorado, as expectativas iniciais non estaban moi definidas. Unha boa parte apuntouse a participar porque o título lle parecía interesante e suxestivo. Non coñecían o método de traballo nin a Terapia de Reencontro, pero intuían que podían atopar nel unha forma nova de relación co mundo, distinta da habitual, e tamén unha forma diferente de autocoñecemento de cara a mellorar as relacións cos demais.

Respecto do método de traballo, diferente do habitual dos seminarios de formación aos que estamos acostumados, ao primeiro resultou chocante, mesmo un pouco incómodo (por ter que sentar no chan) pero todas as persoas que participaron acabaron moi a gusto na actividade.

Valoran de xeito moi positivo o xeito de compartir impresións e aprendizaxes, a posibilidade de relacionarse cos demais sen xulgar nin sentirse obxecto de xuízos. Tamén o poder reflexionar sobre as relacións cos demais, sobre as situacións que me gustan ou me fan sentir ben, pero tamén nas que non me fan sentir ben.

… Na sesión de avaliación algunhas das persoas participantes resaltaron que:

“O seminario serviume para aprender a quererme e tratarme ben, a converter o lugar de traballo nun lugar de encontro, buscando outro xeito de estar no espazo laboral. Aprendemos a valorar a compañeiras/os e a ver que é posible educar dende outros parámetros, dende o bo trato.”

“Aprendemos a compartir experiencias persoais de educación, a recolocarnos nas situacións, a poñer límites, a reflexionar e autocoñecernos, vendo como o maltrato tamén está en nós mesmas. Aprendemos tamén a elaborar un corpo de dignidade para nós.”

“Persoalmente, este seminario aportoume máis do que eu pensaba porque non tiña expectativas ningunhas e pouco a pouco foime enganchando”.

“Creo que me está a aportar algo importante, que non podo precisar, pero é como unha nova forma, un xeito diferente de ver as cousas…”

Este Seminario de formación persegue un cambio na maneira de relacionarnos coas persoas que temos arredor, tamén co alumnado. Nese sentido, o profesorado participante destacou que “o aprendido axúdame a sentirme máis serea e a poñerme no lugar dos demais con máis frecuencia”.

Algúns profesores falan de que o Seminario lles axuda a rebaixar os niveis de crispación e estrés (moitas veces motivados pola percepción do tempo de clase: se dá tempo a facer as cousas, se chego a tempo…), estrés que inflúe nas relacións cos rapaces.

O Seminario axudou a tratar de pensar máis no que senten os alumnos, a poñerse no seu lugar e valorar como se senten tratados/-as. Tamén a acurtar as distancias humanizando o trato profesor/a-alumno/a, mellorando a percepción dos alumnos e a maneira de impartir a clase, tendo en conta máis o seu estado de ánimo e a súa actitude.

O grupo de profesorado encargouse de levar á aula o aprendido no Seminario. Foi moi interesante e proveitosa a adaptación das sesións para poder realizalas co alumnado… e valórase moi positivamente os guións de traballo na aula…

Sorprendeu a boa acollida que o alumnado lle deu a esta forma de traballar na aula, tanto en primaria como en secundaria. Nun principio o profesorado empezou o traballo cun pouco de medo ao rexeitamento, pero pronto se viu a boa acollida e o pracer co que alumnos e alumnas esperaban a seguinte sesión. Custoulle entrar na dinámica a algún grupo de 1º e 2º de ESO, polo seu carácter impaciente e o pouco costume que teñen de traballar a súa corporeidade.

Nas aulas nas que se levou a cabo o seminario nótase, en xeral, máis unión e colaboración entre o alumnado e na relación coa profesora/profesor. Dalgún xeito percíbese máis proximidade cos rapaces e rapazas, e maior empatía para comprender as súas necesidades.

Mesmo hai profesoras que afirman percibir a situacións entre os alumnos dun xeito máis maduro e menos superficial, o que lles dá máis base para aconsellalos.

Tamén se ve maior cooperación dos rapaces e rapazas, notándose entre eles unha maior complicidade e amizade…”

 (Barro – Moraña, maio 2016)