Ola compañeiras!
O sábado 17 de setembro temos unha nova oportunidade para o encontro e o Reencontro con nós mesmas e coas compañeiras de obradoiros.
Nesta xornada faremos camiño cara á autonomía afectiva: ás veces vivimos as nosas relacións desde a carencia afectiva ou a dependencia emocional… E vivimos con dor e ás veces mesmo enfermamos…
Xuntas buscaremos claves e ferramentas que nos permitan partir do que eu quero, do que me fai ben, do que necesito… E exploraremos como construír as nosas relacións para dar e recibir amor con liberdade e desde o bo trato.
Para apuntarte, antes do 10 de setembro!!!
Coma outras veces, para a Xornada do Reencontro, a achega económica é voluntaria: teremos na sala unha caixiña para compartir cada unha segundo o seu peto e o seu corazón…
Apertiñas. Ata o sábado 17 de setembro!!!