Arquivo por meses: Setembro 2016

Medrar en parella – Obradoiro

Benqueridas compañeiras, benqueridos compañeiros

Teño o gusto de mandarvos esta nova convocatoria de Medrar en parella, un espazo para parellas de todo tipo e condición; parellas con desexo de encontrarse e reencontrarse desde a escoita e o respecto ao propio ritmo.

Neste caso, traballaremos os modelos de relación, mirando como articular espazo persoal e espazo compartido desde o bo trato, desde a negociación amable e desde o desexo de sentir liberdade e seguridade afectiva na parella.

Será o sábado 22 de outubro, de 10h a 14h30 en Compostela.

Por suposto, podedes facer extensiva esta invitación  a outras parellas que poidan estar interesadas…

convocatoria

Os cambios na vida – Obradoiro en Compostela

Ola compañeiras

Espero que o verán fora amable para vós e que o gozarades moito construindo bo trato para as vosas vidas…

Envíovos agora a convocatoria do obradoiro OS CAMBIOS NA VIDA que imos realizar en Compostela.

Na vida vivimos continuamente cambios e, ás veces, a vida colócanos en situacións que nos desorientan ou nos desbordan e mesmo, en casos, nos resultan dolorosas… Cambiar de traballo, ter unha crianza, vivir unha enfermidade inesperada, facerme maior, trasladarme de lugar de residencia, despedir un ser querido, quedar no paro, romper coa parella…

Son mudanzas que producen desaxustes e nalgunhas ocasións confusión, sensación de quedar atrapada ou de perda, desamor, crise

Neste obradoiro imos aprender a manexar estas situacións para enfrontar os cambios. Imos ver como non quedar enredadas e saír antes dos procesos.

Imos ver como facer despedidas e abrir novas etapas. Imos experimentar como reconectar coa enerxía vital para volver gozar coa propia vida.

Tedes información de datas e demáis na tarxeta de convocatoria (máis abaixo).

Por suposto, podedes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da vosa vida que poidan estar interesadas.

Mil apertas.

 

convocatoria