Benqueridas compañeiras, benqueridos compañeiros
Teño o gusto de mandarvos esta nova convocatoria de Medrar en parella, un espazo para parellas de todo tipo e condición; parellas con desexo de encontrarse e reencontrarse desde a escoita e o respecto ao propio ritmo.
Neste caso, traballaremos os modelos de relación, mirando como articular espazo persoal e espazo compartido desde o bo trato, desde a negociación amable e desde o desexo de sentir liberdade e seguridade afectiva na parella.
Será o sábado 22 de outubro, de 10h a 14h30 en Compostela.
Por suposto, podedes facer extensiva esta invitación a outras parellas que poidan estar interesadas…