Mulleres (e) profesionais… Obradoiro en A Coruña

Benqueridas compañeiras

Co ano novo comezamos tamén novas andaduras, coa intención e o desexo de seguir facendo xuntas camiño de emancipación e autonomía nas nosa vidas…

Este ano comezamos cun obradoiro no Centro Medra de A Coruña, na última fin de semana deste mesMULLERES (E) PROFESIONAIS: QUE FACER CO QUE SENTIMOS? Un obradoiro para mulleres profesionais do ámbito da saúde, da educación, dos servizos sociais, para mulleres activistas do mundo do sindicalismo, da política, do feminismo, das ONGs…

Quen desenvolvemos o noso traballo profesional con outras persoas -moitas veces persoas en situación de vulnerabilidade- enfrontámonos a diario a retos: Como  soster persoas e situacións, mantendo a distancia adecuada para non esgotarnos? Como traballar conectando emocionalmente? Como escoitar e escoitarnos? Como traballar sen estresarnos? Como traballar contando con nós mesmas, co noso corpo, co que sentimos? Que facer con iso que sentimos? Como gozar co noso traballo?

O noso quefacer diario provócanos estes e outros cuestionamentos e dificultades…

Por iso ofrecemos este espazo… Un espazo para saber recoñecer e confiar nas emocións e estados anímicos que nos xera a diario o noso traballo… Un espazo para aprender a soltar todo iso que nos provoca malestar (estres, cansazo, indiferenza, enfado, depresión, apatía, distanciamento, tristura…). Un espazo para saber como integrar aquilo que nos produce benestar (alegría, interese, vitalidade, entusiasmo, creatividade, satisfacción, felicidade, implicación, tranquilidade, confianza…). No fondo,  un espazo para saber como colocarnos, tamén neses espazos profesionais e do activismo, DESDE O BO TRATO E PARA O BO TRATO.

Máis abaixo, información sobre horarios, matrícula, inscrición…