Obradoiro de Autocoñecemento para o bo trato – Arcade (Soutomaior)

Benqueridas

Teño o gusto de reenviarvos a convocatoria do obradoiro de Autocoñecemento para o bo trato, que dará comezo en Arcade (Soutomaior – Pontevedra) o 14 de febreiro e ata o 20 de xuño, en horario de mañá. É un espazo organizado polo concello de Soutomaior, desde o Centro de Información á Muller (CIM). Quen estea interesada ha de chamar ao CIM (986 70 12 27) antes do martes 7 de febreiro…