Unha muller que comeza a renacer, a revivir con ganas, con forza…

Fina comparte con nós algunhas reflexións e sentimentos froito dos varios espazos de Terapia de Reencontro nos que participou… Graciñas! E boa nova viaxe!!!

“Aprendín, a través dos obradoiros e sesións individuais facilitadas por Tareixa, que cada etapa da vida é diferente, que ten un significado, e vívoa do xeito que me toca vivila en cada momento. O transcurso do tempo volverame colocar de novo no camiño, non me culpo, perdoome e perdoo a toda aquela xente que me mancou ou manquei, consciente ou inconscientemente. Cando estea preparada recolocareime de novo na senda, como se me tivese parado a descansar un momento, e volverei ser “eu” pero moito mais forte e sabia.

Comprendín tamén as diferentes etapas do “Duelo”. Aprendín a identificar cada unha delas, polas que pasei e axudoume a entender que non estaba tola, que non era bipolar, que era normal sentir un batiburrillo de emocións todas mesturadas sen ningún sentido aparente.

Foime tamén de gran axuda o libro “Los laberintos de la vida cotidiana” de Fina Sanz. Nel conta en primeira persoa como viviu ela a súa propia enfermidade, como se foi sentindo e como recibiu a axuda exterior, sorprendeume como algunhas mensaxes/feitos da xente mais querida, cheas de amor e bos sentimentos a mancaron profundamente, que curioso….como nos pode facer tanto dano o cariño que outra xente nos ten, como se poden converter en monstros a pesar da súa boa intención…

Quero compartir un pequeno parágrafo dese libro, co que me sentín totalmente identificada a pesar de que non estamos colocadas na mesma situación, xa que ela é a persoa que sufre a enfermidade, e eu fun a acompañante da miña querida irmá, que sufriu a endémica enfermidade do cancro polo cal xa non está fisicamente presente entre nós:
“Me siento profundamente sola, encarando demasiadas cosas frente a las que nadie me puede ayudar ni colocarse en mi lugar, aunque sea por un rato en el que pueda descansar de esta pesadilla”.

Aínda non estou na fase de agradecer todo aquilo que me pasou porque o proceso de sanación non rematou, pero estou segura de que algún día ese momento chegará, entón darei grazas por todo o vivido, experimentado, sentido, compartido, aprendido….

Agora comezo unha nova etapa na miña vida, chea de cambios, sorpresas, aventuras e desventuras, incertidumes, medos… Unha nova muller que comeza a renacer, a revivir con ganas, con forza…

E doulle as grazas ao Universo por todos aqueles regalos que me fixo, tamén daqueles dos que ainda non me decatei…

Doulle tamén as grazas a Tareixa, porque ela axudoume a atopar a paz interior e a medrar como muller e como persoa.

Grazas tamén a todas as compañeiras de obradoiros, nos que facemos posible un espazo de confianza, paz e amor.

Abrazote forte Nova Etapa!!!”

Fina (febreiro 2017)