Obradoiro de Autocoñecemento para o cambio en Compostela

O obradoiro de Autocoñecemento para o cambio que comeza en Compostela a comezos de marzo é unha nova invitación a facer camiño. É un tempo para parar e escoitarnos, para conectar co noso corpo en positivo, desde o pracer. É un espazo para ver que non me gusta da miña vida e e adquirir ferramentas de transformación. E tamén para darme conta do que me fai ben e aprender a vivir desde o bo trato, re-conectada coa miña enerxía vital.

Traballaremos autopercepción corporal e Integración corporal, respiracións e relaxacións, a sexualidade para o pracer (globalidade e xenitalidade), o corpo da dignidade… todo para vivir coidándome e deixándome coidar, para traballar en positivo pola nosa saúde integral…

Para apuntarte ou para calquera información, podes chamar ao teléfono 639 20 36 69 antes do vindeiro mércores 01 de marzo.

Coma sempre, as prazas son limitadas.