Arquivo por meses: Marzo 2017

Defender a vida, sustentar a terra. Éticas feministas desde os montes de Vincios (Gondomar)

Olga reenvíanos unha atractiva e non menos necesaria proposta para o venres 17 e o sábado 18 de marzo: as xornadas/obradoiro Defender a vida, sustentar a terra. Éticas feministas desde os montes de Vincios (Gondomar).

O colectivo Raias Traveseiras, a Comunidade Veciñal de Vincios e a Casa Colorida son os colectivos dinamizadores deste espazo. Raias Traveseiras ten por obxectivo protexer a terra dende perspectivas ecofeministas. A Comunidade de Montes de Vincios é unha comunidade participativa, innovadora, que entende o monte como un espazo mulifuncional.

Desde un enfoque pedagóxico centrado na construción colectiva do coñecemento a partir das vivencias e saberes das participantes, indagarase sobre as achegas da economía feminista e do ecofeminismo para colocar a sustentabilidade da vida no lugar que se merece: no lugar onde o facer común e a valorización dos coidados teñen unha especial relevancia. O fin último é catalizar iniciativas de transformación e emancipación, tanto no ámbito persoal como social e ambiental.

Para máis información ou para apuntarte… clica na ligazón seguinte:

Defender a vida, sustentar a terra