Confiando nas emocións – Obradoiro en Compostela

Benqueridiñas

Envíovos a convocatoria a un obradoiro que leva por título: Sen partir, a muller sabia empeza a súa viaxe. CONFIANDO NAS SÚAS EMOCIÓNS comprende sen esforzo (un dos versos do libro El Tao de las mujeres, de Pamela K. Metz e Jacqueline L. Tobin, da editorial Gaia).

Vai ser un espazo para conectar coas nosas emocións: coa tristura, o enfado e a rabia, o medo, a satisfacción, a culpa, o amor, a vergonza, a alegría, a dor… Un espazo para mirar con tranquilidade as nosas emocións, permitirnos sentilas, recoñecelas con paz e aprender a deixalas ir. É unha ruta de autocoñecemento para o cambio, desde a aceptación de como estamos en cada momento.

Podedes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da vosa vida que poidan estar interesadas.

Para apuntarse, cómpre chamar antes do martes 06 de xuño.