Recoñecendo o noso poder – Xornada do Reencontro 2017

Ola compañeiras!

Finalmente a Xornada do Reencontro vai ser o sábado 30 de setembro… Unha nova oportunidade para o encontro con nós mesmas e o reencontro con compañeiras de obradoiros!

Interésanos seguir creando redes entre nós, redes afectivas para o bo trato, para a nosa saúde, para transitar camiños innovadores, e crear consciencia e beleza no planeta.

Non obstante, moitas veces vivimos a vida con medo e desde o medo… Por iso, desta volta, imos conectarnos co noso espazo interior para atopar o propio centro e abrir o corazón… Imos recoñecer o noso poder… Imos explorar o noso lugar no mundo e enraizarnos nel para ocupalo con ousadía