Xornadas e encontros diversos para este mes de novembro…

Estannos chegando noticias de xornadas diversas, encontros… todos eles en perspectiva de xénero e con temáticas de interese…

Velaquí unha pequena mostra de todo o que se está a ofrecer… por se podemos participar en algo…

1. Xénero, deporte e mocidade, 2ª Xornada da Escola Municipal de igualdade para a Mocidade, o sábado 11 de novembro, de 9h30 a 13h30 no Pazo da Cultura de Pontevedra.  Para apuntarse: http://apuntate.pontevedra.gal/deporte-igualdade-mocidade/ ou en xornadaxuventudeigualdade@pontevedra.eu

2.O empoderamento das mulleres na esquerda política e social, o sábado 11 de novembro no Salón de Plenos de Cangas do Morrazo. Para máis información, preme aquí.

3. Repensar o amor e as relacións, no Centro Medra de A Coruña, un obradoiro conducido por Laura Latorre Hernando, autora do fermoso libro Polifonía amorosa. Será o martes 14 de novembro, de 17h a 21h. Para máis información, chamar ao 981 55 22 06

4. VII Xornadas: Igualdade e prevención da violencia de xénero, o xoves 16 de novembro en Ames. Desta volta ao redor da temática da educación en igualdade e a coeducación, reflexionando sobra a socialización e a transmisión de valores e estereotipos de xénero… Para máis información, preme aquí.