Acaba de chegarme unha entrevista realizada ao doutor en medicina e investigador en bioloxía celular, Bruce Lipton.
Estadounidense afincado en Nova Zelanda, Lipton é coñecido polas súas teses relacionadas coa capacidade da nosa mente, das nosas crenzas para modificar a nosa bioloxía… Teses discutidas pola “comunidade científica oficial”, pero que de seguida me recordaron a enorme capacidade transformadora do traballo que realizamos en Terapia de Reencontro sobre os guiós de vida, as crenzas antigas, as novas crenzas e os mitos…
Para achegarnos un pouco á perspectiva de Bruce Lipton, remítote á entrevista Lo que pensamos varía nuestra biología, que Ima Sanchís lle realiza (preme aquí).
Tamén hai algún video interesante… Por exemplo, a entrevista El poder del pensamiento creativo (preme aquí ) ou o curso Una biología empoderada (preme aquí).
Dúas obras importantes de Bruce Lipton son La biología de la creencia: la liberación del poder de la conciencia, la materia y los milagros (La Esfera de los Libros, 2007) e La biología de la transformación: Como apoyar la evolución espontánea de nuestra especie (La Esfera de los Libros, 2010).
Seguimos descubrindo…