Desmontando o mito do amor romántico – Conferencia de Marcela Lagarde

Hoxe no obradoiro de “Vínculos amorosos e relacións afectivas” falamos do amor… E como non podía ser doutro xeito, da magnífica pensadora feminista mexicana, Marcela Lagarde, que deconstrúe o mito do amor romántico.

Chis, unha compañeira do grupo, fíxonos a suxestión de acceder en Youtube a algunha das conferencias de Marcela… Escollemos: “Desmontando el Mito del Amor Romántico”, que foi impartida en decembro do 2013 no Centro para la Igualdad “8 de Marzo”, como parte da programación da Escuela de Pensamiento Feminista ‘Clara Campoamor’, de Fuenlabrada (Madrid) e segue a ser de total actualidade…

Para escoitala, fai clic aquí: Desmontando o mito do amor romántico.

Marcela Lagarde y de los Ríos é autora de artigos e libros numerosos e de interese evidente. Entre eles, destacamos Para mis socias de la vida, editado por horas y HORAS (2005) e que inclúe tres libros: “Claves feministas para el poderío y la autonomía de las mujeres”, “Claves feministas para los liderazgos entrañables” e “Claves feministas para las negociaciones en el amor”. De lectura atraínte e doada, paga a pena!!!

Outra obra de interese da autora é o libro Los cautiverios de las mujeres. Madresposas, monjas, putas, presas y locas. Froito da súa tese de doutoramento, nel analiza as diversas dimensións da opresión das mulleres. É un texto máis complexo e moi suxestivo.