Xabier Odriozola Ezeitza, antropólogo donostiarra, terapeuta e experto en masculinidades, é o autor do libro escrito en euskera: Gizonezkoen sexismoa. Maskulinotasuna eta askapena berdintasunerantz (Sexismo, masculinidad y libertad de los hombres: hacia la igualdad). Un libro sobre xeracións de homes criados e educados no patriarcado e no heterosexismo. Un libro para debatir sobre o sexismo e atopar camiños para unha sociedade igualitaria.
Aínda que publicado no ano 2015, e -polo que nos consta- non traducido ao español, pensamos que esta obra segue a ser de total acutalidade… Por iso, queremos presentarvos tres entrevistas realizadas ao seu autor: dúas escritas e unha terceira en directo; entrevistas que nos poden servir para achegarnos ás ideas de Xabier Odriozola, froito das súas investigacións e da súa experiencia na facilitación de grupos de homes pola igualdade ao longo de varias décadas en Euskadi…
Para ler a primeira entrevista, pincha aquí. Para ler a segunda entrevista, pincha aquí. Para escoitar a Xabier Odriozola na entrevista realizada para a ETB, pincha aquí.