Arquivo por meses: Agosto 2018

O erotismo no xardín. Allaríz, ata o 31 de outubro

O xardín sempre foi un lugar especialmente propicio para o romance e a paixón, frecuentado en séculos pasados pola nobreza e as clases altas para os seus encontros amorosos.

Dende a antigüidade o xardín estivo vinculado aos conceptos do amor, ao erotismo e ás paixóns desatadas entre deuses e humanos. Na época barroca os xardíns imprégnanse de sensualidade e convértense en espazos para o xogo, o coqueteo, os paseos e o pracer. Os labirintos dos xardíns adquiren, co paso das décadas, unha carga sexual cada vez máis evidente, chegando a vincularse ao erotismo e ao xogo sexual no Século das Luces…

Xardíns con labirintos, fontes, terrados, aromas florais evocadores que os converten en lugares idóneos para a sedución. Xardíns que convidan á intimidade, á confidencia, a perderse, a cumprir fantasías, á sensualidade, ao cortexo, á busca do encontro entre amantes…”

Os xardíns do Erotismo cobran vida na apertura da novena edición

Deste xeito se presenta este ano a IX edición do Festival internacional de Xardíns de Allariz, a carón do Río Arnoia. Aí estamos invitadxs a “gozar da cor, dos aromas, das texturas, a espertar os sentidos e a deixarvos levar polo deleite para o corpo e a alma que estes espazos procuran”.

O espazo estará aberto ata este mes de outubro…  Se queres máis información, pincha aquí.