Arquivo por meses: Outubro 2018

Xénero, poder e feminismo – Obradoiro para transformar as relacións e os coidados nos grupos

Meri acaba de enviar información sobre a convocatoria dun obradoiro especialmente interesante: “Xénero, poder e feminismo.Transformando as relacións e os coidados nos grupos “.

O obradoiro vaise celebrar os días 10 e 11 de novembro en Compostela. e van facilitar o espazo tres compañeiras moi queridas: Mari Fidalgo, Mar Cendón e ela mesma, María Rosendo

Recollemos as palabras de Meri, as mellores para animarnos a participar no espazo:

“… Um obradoiro teórico-práctico de 12h de duraçom no que analizaremos como se construem as desigualdadesde género e a partir destas, como se reproducem dinámicas de poder que nos atravessam no  nosso dia a dia, influindo de maneira direta nas nossas relaçons quando habitamos espaços grupais, já seja como integrantes dos mesmos ou desde o rol de dinamizadoras, facilitadoras, educadoras, mestras… Para nós, ter feito este obradoiro tem sido e ainda continua a ser toda umha viagem cheia de  aprendizagens e prazeres. Encantaria-nos compartilha-la com vós e continuar a questionarmo-nos juntas o sistema patriarcal.”

Para mais información sobre o obradoiro: facilitadoras, prezos, inscricións… fai clic aquí para abrir o dossier completo.

 

 

Xornadas varias sobre sexualidades…

Non podemos máis que incluír nesta mesma entrada varias xornadas de interese… Son moitas e todas moi atractivas.

Aí van… e a escoller…

– A Rede Galega contra a trata sexual organiza para este 18 de outubro as súas VII Xornadas, baixo o título: “Por unhas masculinidades fóra do mercado sexual”. Será no Museo Marco de Vigo… Para máis información, fai clic aquí

A Sociedade Galega de Sexoloxía organiza as súas VI Xornadas de Saúde Sexual, en   Pontevedra. Este ano, centradas nas Sexualidades contemporáneas. Será os días 26 e 27 de outubro.  Para acceder ao programa e apuntarse, pincha aquí

– Raquel envíanos esta convocatoria para traballar Sexualidade Feminina para este vindeiro venres 26 de outubro no local da Marea de Vigo (avda/ Camelias, 85 baixo), a cargo da educadora e sexóloga Débora Baz do Gabinete de Formación e Asesoramento Sexual Amaturi”. Será de balde e non é preciso inscribirse.

 

Obradoiro de Meditación Corporal do Reencontro

Mándoche a convocatoria dun obradoiro para min especial. Un obradoiro que vai constar de 3 sesións, os sábados 3, 17 e 24 de novembro, en xornada completa. Un obradoiro que ofrece ferramentas para introducirse na práctica da Meditación Corporal do Reencontro (MCR).

A Meditación Corporal do Reencontro é un xeito moi sinxelo de meditación que facilita conectar coas nosas zonas máis sanas do adentro, para poder colocarnos desde elas na nosa vida… Un “método” accesible para calquera, creado a partir das ferramentas da Terapia de Reencontro e da miña experiencia persoal en meditación e crecemento persoal. Un xeito que fun ensaiando e experimentando durante anos e que agora estou en disposición de compartir con outras persoas.

Con este obradoiro, ademais de adquirir ferramentas persoais de meditación corporal, tamén abre a posibilidade -se ti o desexas- de incorporarte ao espazo de Meditación Corporal do Reencontro.

O espazo de Meditación Corporal do Reencontro xurdiu a partir do primeiro obradoiro de MCR, convocado a comezos de xaneiro pasado. Un espazo no que unhas 10 mulleres nos vimos xuntando cada mes ou mes e medio, para facer práctica de meditación en grupo. É un espazo periódico, que moitas tedes demandado en diversos momentos e que nos facilita a cada unha ir sostendo e vivindo na nosa vida as claves da Terapia de Reencontro (bo trato, corpo da dignidade…).

Podo contarche algo máis, se me chamas ao 639 20 36 69

A data límite para apuntarte ao obradoiro é o sábado 27 de novembro. Coma sempre, escoitándote, escoitando se este é o teu momento… De calquera xeito, dáme moita alegría poder compartir de novo contigo esta invitación.

Neste caso, a convocatoria é para mulleres que xa tendes participado nalgún obradoiro previamente.

Apertiñas cálidas neste comezo de outono…

Espadela – Escola de empoderamento de mulleres do rural

A nosa compañeira Tania Merelas envíanos esta convocatoria aberta organizada por Espadela, coa que arrinca a Escola de empoderamento de mulleres do rural!

Neste caso, conta con tres espazos: “Con voz propia” 0s martes 16, 23 e 30 de outubro), “Conectadas” (martes 6 e 13 de novembro) e o acto de peche “Encontro de mulleres” (o sábado 1 de decembro).

É de balde… Para apuntarte, chama aos teléfonos 667 38 42 21 ou 619 45 73 24, que aparecen máis abaixo, na convocatoria…

Biodanza Cheia de vida

A nosa querida compañeira Mari Fidalgo envíanos esta atractiva proposta de Biodanza Cheia de Vida… Ela é facilitadora autorizada Biodanza SRT, ademais de psicóloga con formación en xénero e facilitación de grupos.

Nas súas palabras: “Tomo a liberdade de enviar-vos esta informação com a confiança de que a tomarão como uma mostra de que vos tenho por aliadas no meu caminho: contribuir a que floresçam vidas dignas, plenas e felizes.

E a proposta é:

“Biodanza Cheia de Vida para a promoção da saúde comunitária e da alegria de viver.

Com o outono chega o momento de oferecer um espaço estável para impulsar a nossa vitalidade, elevar o estado de ânimo, acadar um maior equilíbrio orgânico, regular o estrés, expressar as nossas emoções e estimular a comunicação, tanto conosco como com as demais pessoas.

A Biodanza é uma ferramenta que atua através da música, o movimento e a interação grupal promovendo a integração e expressão das nossas potencialidades. A sua prática estimula o prazer de viver com um impacto direto sobre a saúde, a qualidade de vida e o desenvolvimento integral do ser humano.

Se te ressoa a proposta, convido-te a experimentar esta arte do bem viver num espaço cuidado, afetuoso e lúdico.”

Un pracer, Mari, que contes con nós como aliadas no teu camiño para que floresçam vidas dignas, plenas e felizes!!!

Para máis información podes contactar no 687 368 314, en  mariafidalgo_ba@riseup.net ou http://www.axuntanza.org/

—————————————————————————————————

Celebrando o 35 Aniversario do Centro de Planeamento Familiar da Coruña

Temos un programa espléndido ata o mes de decembro para celebrar o 35 Aniversario do Centro de  Planeamento Familiar da Coruña

Como anuncian: “… unha ocasión que paga a pena celebrarmos para visibilizarmos así o importante labor que vén facendo desde os seus inicios. Creado no ano 1983 polo Concello da Coruña, comezou a dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis demandadas pola veciñanza, a atención á saúde sexual e reprodutiva que, no seu día, aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Durante estes 35 anos de traballo, o centro mantivo o espírito innovador e reivindicativo que caracterizou o seu nacemento, de servizo á cidadanía e de acción polos dereitos sexuais e reprodutivos de todas as persoas, especialmente daquelas máis atravesadas polas violencias e a desigualdade: nenas, rapazas, mulleres e persoas LGBTIQ”.

Para ver o programa, pincha aquí.

A autoorganización como resposta á violencia de xénero – Vigo, xoves 4 de outubro

Unha vez máis a asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, convoca unha xornada de especial interese, baixo o título A autoorganización como resposta á violencia de xénero.

Vaise celebrar en Vigo este vindeiro xoves 4 de outubro, e contará con varias mesas redondas pola mañá e diferentes obradoiros pola tarde.

Coma sempre, a entrada é de balde, mais é preciso apuntarse con antelación nos teléfonos 986 22 23 28 ou no  670 45 34 31.

Para máis información, podes entrar aquí en Programa Rede