Unha vez máis a asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, convoca unha xornada de especial interese, baixo o título A autoorganización como resposta á violencia de xénero.
Vaise celebrar en Vigo este vindeiro xoves 4 de outubro, e contará con varias mesas redondas pola mañá e diferentes obradoiros pola tarde.
Coma sempre, a entrada é de balde, mais é preciso apuntarse con antelación nos teléfonos 986 22 23 28 ou no 670 45 34 31.
Para máis información, podes entrar aquí en Programa Rede