Celebrando o 35 Aniversario do Centro de Planeamento Familiar da Coruña

Temos un programa espléndido ata o mes de decembro para celebrar o 35 Aniversario do Centro de  Planeamento Familiar da Coruña

Como anuncian: “… unha ocasión que paga a pena celebrarmos para visibilizarmos así o importante labor que vén facendo desde os seus inicios. Creado no ano 1983 polo Concello da Coruña, comezou a dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis demandadas pola veciñanza, a atención á saúde sexual e reprodutiva que, no seu día, aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Durante estes 35 anos de traballo, o centro mantivo o espírito innovador e reivindicativo que caracterizou o seu nacemento, de servizo á cidadanía e de acción polos dereitos sexuais e reprodutivos de todas as persoas, especialmente daquelas máis atravesadas polas violencias e a desigualdade: nenas, rapazas, mulleres e persoas LGBTIQ”.

Para ver o programa, pincha aquí.