VIII Xornadas sobre Igualdade e prevención da violencia de xénero – Ames

O concello de Ames celebra este ano as súas VIII Xornadas sobre Igualdade e prevención da violencia de xénero.

Segundo anuncian: “Este ano a temática céntrase na importancia da coeducación e do feminismo como movemento para abordar os desequilibrios de poder, reflexionando sobre a socialización e transmisión de valores e estereotipos de xénero.”

Será o xoves 22 de novembro na Casa de Cultura de Milladoiro. As prazas son limitadas e hai que apuntarse previamente.

Para máis información sobre a Xornada, mesas de debate e obradoiros diversos, preme aquí.