Homes con corazón (obradoiro para homes) e máis… En Arcade (Soutomaior)

Benqueridiños/as

No marco da programación Imparables, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional en contra da violencia de xénero, o CIM de Soutomaior organiza un obradoiro para homes que teño o gusto de facilitar baixo o título Homes con corazón.

Será o domingo 25 de novembro, de 16h30 a 18h30 no Multiusos de Arcade. A actividade é de balde e precísase inscrición previa.

Homes con corazón é un espazo para escoitarnos e compartir esas outras
maneiras diferentes de ser homes neste mundo… Un espazo para ver que cousas -das que nos transmitiron- van ben na nosa vida e nos conveñen nas nosas relacións… e que cousas non me gustan, me sacan enerxía ou me mancan, e adquirir ferramentas para cambialas. Un espazo para ver como colocarnos desde os coidados e o bo trato para nós mesmos e nas nosas relacións. Como colocarnos para unha vida e uns vínculos que me fagan ben e me nutran… En definitiva, ser homes con corazón!

Ademais deste espazo, Imparables conta con outras actividades na súa programación: concertos, un espazo para nenas/os, un obradoiro para mulleres… (máis abaixo), todas actividades de balde e con inscrición previa