Reproducimos aquí algúns dos relatos das compañeiras que participaron no obradoiro A relación coa nai, que celebramos en Compostela de maio a xullo deste ano 2018.
Coma sempre, algunhas compañeiras aparecen co seu nome e outras escollen un nome inventado. A todas graciñas pola súa inmensa xenerosidade por partillar as súas vivencias…
“Eu lévome un sentimento de paz, de agradecemento, de reconciliación. Tamén de forza, seguridade e confianza en min. Dinme conta que a miña nai fíxoo mellor do que eu cría. Era amorosa, máis de feitos que de palabras. Estaba sempre aí cando a necesitaba e permitiume ser eu mesma e iso é moi importante. A min nunca me tocou coidar dela, porque ela sostíñase a si mesma e construíu a súa propia rede entre as súas iguais, como agora tamén fago eu. E comprendín que cando non estivo, foi porque non puido estar, porque estaba coas súas cousas, coa súa vida e loitando pola nosa: a miña e a dos menús irmáns . Ela foi a miña nai e eu fun a súa filla. E pasoume o seu testigo! Para min este obradoiro foi un camiño emotivo e de autoconfirmación, de ver que me sinto ben, que esa relación está sanada. Síntome en paz coa miña nai.”
(Patricia)
“Para min foi un obradoiro que me achegou á miña nai e que seguiu abrindo as portas á necesidade de traballar comigo mesma. Descubriume o amor cego, e caín na conta de que eu moitas veces quero salvar á miña nai e pobriña de min, que teño moito traballo comigo!
Tamén me abriu o camiño a comprender o amor consciente, e a non esquecer nunca que miña nai chegou primeiro ca min, e que fixo seguramente -e fai- todo o mellor que pode. E mais nada, agora o corpo dime que por hoxe tócame descansar, que me toca parar…“
(Eva)
“Pues yo lo que aprendí para mi vida es que no puedo ejercer de madre de todos… Me quedó muy grabada esta frase, me hizo frenarme, decirme: ¿qué estás haciendo? Además, no todo lo que damos es lo que necesitan los demás. A veces quiero hacer, hacer, e igual el otro no necesita… Esto me lo llevo reforzado de este obradoiro. Algo ya lo había trabajado, pero como que quedaba en el olvido y ahora me sirve de refuerzo.
Otra cosa es que cada vez soy más consciente de lo que pasa a mi alrededor, de lo que me molesta, lo que no me molesta, lo que si acepto, lo que no acepto, vuelvo a salir de este obradoiro reforzando esto.
También otra de las cosas de las que me di cuenta es de lo de juzgar. No era consciente de la cantidad de veces que juzgué a mi madre. Estamos constantemente juzgando a nuestras madres, y yo como madre también me siento juzgada. He aprendido a no juzgar los actos que hizo mi madre en algún momento, y más bien comprender que si los hizo de esa manera es que no sabía hacerlos de otra, que es lo que me pasa a mí muchas veces.
Además me di cuenta de que cogí yo el papel que tenía que haber hecho ella: yo cogí el papel de madre para muchos asuntos porque ella no lo cogía aunque le tocaba… Así me posicioné yo y ahora puedo ubicarme de otra manera, reposicionarme. Mi papel con ella es el de hija, no el de madre. Eso me lo llevo como muy grabado: en nuestra relación, soy la hija, no la madre!
Me gustó también poder despedirme desde el amor, desde todo el cariño que le puedo tener como madre. El primer día lo dije: yo le quiero a mi madre y la voy a querer toda la vida porque me dio la vida, gracias a ella estoy aquí. Despedirme desde el amor, no desde el reproche ni desde el enfado, es lo que estoy valorando muchísimo. Me sentí fuerte hoy, al haber podido escribir esta carta, tenía esa decisión de hablar con ella, sentí que me perdonaba a mi misma porque igual no entendía a mi madre, pero yo también lo hice lo mejor que pude como hija…
Me voy muy contenta de este obradoiro, gracias por las compañeras, y a ti Tareixa. Me voy serena, más en paz, en calma. Empecé a hacer un camino y quiero seguirlo con ganas. Gracias a todas.”
(Vanessa)
“Aprendín a importancia da relación coa miña nai. Aprendín a facer unha lectura diferente da miña vida, sobre todo de cómo proxectaba e interpretaba o que me pasara, e do papel que desempeñara miña nai en todas esas cousas. É como se fora capaz de valorar máis a miña vida e as cousas que pasaron.
Noutros obradoiros tiña sempre a sensación de que me quedaban cousas polo medio, e neste foron pasando moitas cousas que me doeron, cousas das que me din conta e que fun cambiando, que elaborei, como se foran sanadas pouco a pouco a través do que fixemos.
Comprendín que mentres máis me vexa a min, me acepte a min, máis vou poder ver á miña nai e aceptala a ela. E canto máis a vexa a ela e a acepte a ela, máis me podo ver a min e aceptarme.
Miña nai tróuxome ao mundo, coidoume como para ser operativa no mundo. E iso xa é de agradecer, porque podía non o ter feito; ao longo da súa vida podía ter tomado outras decisións. Cámbiame a visión ser consciente diso, darme conta e agradecelo, porque parece que se dá por feito e non… Eu non son nai e nunca me parara a pensar sobre iso. Parece como que tes que xulgar, parece que tes que ser nai e ademais boa. Faime ver doutra maneira… A miña nai é unha muller que xestionou a súa vida como calquera outra muller, como puido, cos recursos que tiña e eu non son ninguén para xulgala.
Tamén vin que para estar ben teño que coidarme a min, que son unha persoa adulta. E as persoas adultas danse a si mesmas e buscan o que necesitan para estar ben, e que se estou ben vou funcionar ben no meu entorno…
O colofón total foi darme conta que teño os recursos para poder cambiar e empoderarme na vida. Dinme conta que podo facer cousas concretas para cambiar os meus medos, as miñas inseguridades, os meus bloqueos, os meus límites, para ter relacións máis abertas, para sentirme máis segura e non ter medo… É o máis marabilloso de todo, a teoría explícame, síntome tranquila, respiro e algunhas cousas xa as empecei a facer. Como? Non sei, non me importa, eu creo que é que o respirei, tocoume no corpo, entendín e podo actuar. Nos obradoiros que fixera antes entendía a teoría e tiña as habilidades pero non quería facer cambios e non entendía por que non quería. Se son honesta comigo mesma, eu non quería enfrontarme, aínda que sabía que era bo para min… Todo este obradoiro explícame todo iso en min, para dicirme ten paciencia contigo, segue o teu ritmo, pon as túas metas e vas conseguindo pouco a pouco. Este obradoiro foi a última peza do puzzle, ensíname o principio e ensíname o final. Entón son capaz de coller todo o resto e facelo. Eu necesitaba entender, saber, porque estaba como vendida, e agora é como se non tivera medo: podo caer, podo levantarme, pódome equivocar, sempre teño remedio, sempre hai maneira, sempre podo buscar… Non sei, entendín todo doutra maneira.
Cando empezamos, eu sentía como se me faltara algo que tiñan as nais e que eu non tiña, algo como muller para ser plena, para ser toda. Este obradoiro deume unha visión moi ampla, incluíndo todas as cousas que teño traballado contigo noutros obradoiros. Este é o gran mapa para entendelo todo, para sentirme segura, para disfrutar con cousas que ata o de agora non disfrutaba. Xa non me importa saír da miña zona de confort e se non me gusta o que atopo pois xa mirarei que fago e, claro, iso para min é novo. Grazas a ti e grazas ás compañeiras! Xenial! Sorprendeume moitísimo…”
(Anabel)