E para empezar o ano… Autocoñecemento para o cambio

E para empezar o ano… Autocoñecemento para o cambio, un obradoiro para mulleres. Será en Compostela, os sábados 26 de xaneiro, 09 e 23 de febreiro, 16 e 30 de marzo.

Un tempo para min, para parar e escoitarme, para facer o proceso que preciso facer nestes momentos da miña vida…

Imos ver que non nos gusta da nosa vida e adquirir ferramentas de transformación. Imos aprender a estar no noso corpo e sentirnos ben na nosa pel… Imos ver como vivir desde o bo trato, re-conectadas coa nosa enerxía vital.

Traballaremos diferentes aspectos de autopercepción corporal e integración corporal, respiracións e relaxacións… Traballaremos o corpo da dignidade, o auto-agasallo, coidar e deixarme coidar, a familia afectiva

Queremos facer un camiño para ser donas da nosa vida… Un camiño para vivir felices e en paz coa nosa vida. Un camiño cara a unha saúde integral.

Se todo isto che resoa… se é o que estás buscando… se queres máis información… non dubides en chamarme ao 639 20 36 69 (antes do luns 14 de xaneiro). As prazas son limitadas.

Coma sempre, contaremos con tres tipos de matrícula:  a normal (190€), a reducida para compañeiras en paro (a negociar con antelación) e a solidaria (unha matrícula voluntaria para as que queirades compartir con outras compañeiras).

Moita luz, moito botrato, moita vida para este ano que comeza…