Arquivo por meses: Febreiro 2019

8 de marzo, día de loita feminista

A folga feminista está pretiña… O domingo 3 de marzo manifestámonos en Lugo e o venres 8, folga de coidados

Queremos ser mulleres libres en pobos libres!!!

Aí vai unha canción de batukada feminista das Tamborililás para irmos ensaiando… Preme aquí para ver as letras e escoitala…

Tamén podes ler o Manifesto da Folga Xeral Feminista facendo click aquí

Tomando distancia das relacións sustentadas no poder e o maltrato

Co vistobo desta compañeira, reproduzo aquí o seu correo… Que nos sirva a todas/os para seguir coas nosas andainas persoais…

Moi boa noite, Tareixa!

Coñecerte e participar nos teus obradoiros para min foi e é un agasallo de vida, unha amiga-fadiña foi o fío condutor. Mulleres importantes na miña contorna teñen contacto coa Terapia do Reencontro a través das túas terapias e obradoiros, creándose unha integración-coñecemento-perspectiva que me nutren e me transforman e de seguro esa transformación se da na miña contorna.

Lembro hai anos, das primeiras veces que participei no obradoiro de “Autocoñecemento para o cambio” que facilitas, estaba daquela traballando con unha equipa de persoas no que se daban relacións moi xerárquicas, difíciles, con vínculos persoais rotos en algúns casos, dábanse suspicacias e as conductas bastante inmaturas eran habituais. Foi luz para min comprender como o mais habitual é que as nosas relacións estean sustentadas no poder e o maltrato, permitiume tomar distancia e observar dende o afora, identificando diferentes roles, sen sentirme atacada no persoal.

Esta cuestión permitiume permanecer neste grupo de traballo coidando da miña integridade e dignidade ata un punto aceptable para min mesma.

Cando me xurdiu a oportunidade mudei de espazo no laboral, atopei un lugar mais amable, con outro tipo de relacións non tan ríxidas e distantes. Non daba crédito ao meu sentir, canto máis fácil o día a día! E fun consciente de como anteriormente sobrevivira mais cun coste persoal e físico valorable. Fíxenme consciente dos muros de protección que xa non me eran necesarios, e co tempo sentín leveza.

Desexos de moitos espazos nos que poidas seguir a sentir e a construír tal como o expresaches nun dos derradeiros encontros: con “grandísimo pracer, vivir respirando e axudando a respirar”.

Grazas Tareixa, unha aperta cargada de respecto e admiración.”

(Xulia – Febreiro 2019)

 

Descobrir a nossa missão, os nossos desejos e o projeto vital que nos motiva

Co permiso de Mari, recollo aquí as súas palabras para animarnos a facer o noso propio camiño, a responsabilizarnos da nosa vida, a vivila con alegría e pracer… Mari está construíndo un dos seus proxectos de amor a través da Biodanza. Moitos azos! Moito ritmo! Moita vida, compañeira!

Querida Tareixa,

Já tinha presente escrever-te… e agora soma-se um motivo mais para dedicar um tempinho nesta manha a enviar-te estas letras… parabenizar-te pelo início da andaina no Facebook, dizer-te que por suposto que vou seguir a tua página e convidar-te também a visitar a página do meu projeto profissional de Biodanza para a promoção integral da saúde: @Biodanza Cheia de Vida https://www.facebook.com/BiodanzaCheiadeVida/ 

Como já te escrevi alguma vez, através dos obradoiros do reencontro atopei o estímulo para conectar com aquilo que quero ver materializado no mundo e com o papel que quero assumir nessa tarefa de fomentar outra forma de relacionarmo-nos com nós mesmas, entre nós e como comunidade. E desde aí poder desenvolver projetos para a construção de  um mundo no que todas as pessoas possamos florescer.

Muito agradecida pelo teu exemplo e inspiração, pelos espaços que ofereces para que possamos descobrir a nossa missão, os nossos desejos e o projeto vital que nos motiva. E por estar sempre a estimular as redes de apoio entre nós. Saiba-me uma aliada entusiasta neste caminho.

Afetuosamente, Mari”

(Mari – Xaneiro 2019)