Arquivo por meses: Maio 2019

Das relacións de poder ás relación de igualdade Obradoiro en Vigo – Xoves 6 xuño

Benquerida compañeira

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos organiza en Vigo para este vindeiro xoves 6 de xuño unha xornada: Abrindo novos camiños contra a violencia de xénero.

Nesta xornada facilitarei un espazo de obradoiro pola tarde, de 16h a 19h30: Das relacións de poder ás relacións de igualdade para o bo trato.

Se queres participar na xornada completa ou no obradoiro da tarde, chama ao teléfono da Rede: 986 22 23 28 ou 670 45 34 31. É de balde.

Podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas.

Para máis información sobre a xornada, preme aquí

Un saudiño caluroso!!!

 

Obradoiro en Lugo – “Xénero , poder e feminismo: transformando as relacións e os coidados nos grupos”

María Rosendo envíanos esta convocatoria a un obradoiro que se vai celebrar en Lugo os vindeiros 24 e 25 de maio.

Recollemos máis abaixo as súas palabras… Moito éxito para un traballo tan necesario!!!

“Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estruturas de poder e perpetúan desigualdades e exclusións. Moitas destas prácticas son habituais ata o punto de que nos resultan difíciles de detectar no día a día. No entanto, estes comportamentos teñen consecuencias na vida das persoas. Construír espazos despatriarcalizados pasa necesariamente por visibilizar e enfrontar individual e colectivamente estas formas de estar e de participar na sociedade.

O obradoiro «Xénero, poder e feminismo: transformando as relacións e os coidados nos grupos» articúlase como un convite, un espazo para reflexionar e tomar consciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos (asociativos, laborais, comunidades educativas, familiar, etc). Mediante unha metodoloxía teórico-práctica trataremos de partillar algunhas chaves para introducir a perspectiva feminista e dar resposta ás desigualdades, mellorando a saúde e o clima dos grupos nos que participamos.

Será o 24 e 25 de maio, por primeira vez en Lugo, e da man da S.Coop.Galega Bico de Grao.

O obradoiro ten unha duración de 12 horas repartidas en xornada e media. O custe é de 60€, tendo habilitadas 2 bolsas para que ningunha persoa fique sen acceso á formación por motivos económicos. Hai límite de prazas e as inscricións son ata o 19 de maio.

Para máis informacións e inscricións: feminismosparagrupos@tutamail.com // ou Bico de Grao, Ronda das Fontiñas 226, Lugo. Telf: 982 807 935.

Agradecemos que nos axudes a difundir esta proposta entre as persoas que pensas poidan estar interesadas.

Cos nosos cumprimentos, Mari Fidalgo, María Rosendo e Mar Cendón”

Para ver o cartaz da convocatoria, podes facer clic aquí

En clave de humor: os guións de vida, a erótica do sufrimento e a erótica do pracer…

A través da conversa en clave de humor, Angustias e Remedios achégannos aos guións de vida de xénero. Con elas comprendemos mellor o significado da erótica do sufrimento (sentir pracer con situacións e vivencias dolorosas e de maltrato) e da erótico do pracer (sentir pracer construíndo botrato para as nosas vidas).

Son varios capítulos de “Estoy rara”, escritos e protagonizados por Paloma Giménez (Angustias) e Ángela Conde (Remedios).

Hoxe achegamos o cuarto capítulo… Que o desfrutes, rindo un pouco de ti mesma!

Para velo, fai clic aquí