E para comezar o 2020… que mellor que escoitar as palabras dalgunhas das mulleres que participaron no obradoiro “Os cambios na vida”, celebrado en Compostela de outubro a decembro pasados… Palabras que enchen de esperanza…
Si, o cambio é posible e está nas nosas mans, podemos facelo real nas nosas vidas!!! Escoitemos a estas compañeiras que nos agasallan coas súas experiencias:
“Vexo que isto é un regalo na miña vida, nun momento en que estou en tránsito de moitas cousas. Teño luces e tamén vexo que hai cousas que non podo resolver soa por estar bloqueada e igual non teño a madurez ou a consciencia que preciso. Vin con moita claridade que precisaba un acompañamento neste momento e a verdade é que é un agasallo. Creo que vou recoller moitos máis froitos deste espazo, quédanme moitas preguntas… Axudoume moitísimo a experiencia en grupo, a enerxía tan bonita, moi atrevida, moi valente que se creou entre nós… Xerouse un espazo de liberdade e de confianza que me axudou un montón. Todo foi redondo… Lévome un montón de ferramentas para a miña vida. Axudoume moito o dos autoagasallos, o da crenza, creo que é un cambio no meu guión de vida moi importante, moito máis do que penso, creo que é moi potente… Gustáronme moito os rituais, o traballo no simbólico… Moitas grazas a todas, a ti Tareixa… Creo que non me custa despedirme porque xa vos levo no corazón, xa sodes parte da miña vida…” (Marisa)
“Este foi o meu primeiro obradoiro, viña con moitas reticencias porque pensaba que non ía ser capaz de falar e está sendo unha das mellores experiencias que lembro. Este obradoiro, para min, supón un antes e un despois en todos os aspectos; cada exercicio que faciamos era un descubrir algo e incorporalo na miña vida… chegaba a casa e dábame conta: hostia! agora estoume machacando, agora estou facendo tal… e é como ter ferramentas sinxelas. Cada exercicio era impresionante, abríate á xente… Descubrir que hai persoas que senten coma min, que teñen os mesmos “rayes” ca min foi moi potente. Grazas a cada abrazo nada máis pasar esa porta, grazas a cada mirada, grazas a cada cambio que notei en min pero que notei en cada unha de vós era: aquí hai unha nova Alba, unha nova Mer… esa é a sensación que eu teño. Logo tamén levo unha sensación de aprendizaxe brutal de tantas experiencias de cada unha de nós, con esa xenerosidade que tivemos. Estou aprendendo a acompañarme a min mesma, e noto que esa forza que fixemos como grupo e como mulleres, aínda que a vida nos leve para acá ou para alá, esa forza vai estar. E logo, axudáronme as mantas de cores; arroupáronme en cada sesión. E o exercicio das coidadoras é marabilloso; o toque que lle demos cada unha foi como un descubrir moito desa diversidade nosa: como que o mesmo pode expresarse de moitos xeitos. Quero agradecervos a cada unha porque grazas á vosa xenerosidade estou volvendo á miña esencia; noto que é así e que vai ser todo máis sinxelo dentro de que a vida é a vida…” (Alba)
“Eu levo anos traballando en min… Nunca participara nun grupo non mixto e de botrato. A min non me gustan moito os traballos en grupo pero esta foi unha experiencia superbonita. Saíronme moitas cousas que sen acompañamento non sairían… Estou conectando con medos moi profundos, moi irracionais e quitei algúns deses medos. Foi unha viaxe suave, como estar no medio dun temporal e chegas aquí e hai menos ondas, así que grazas a todas…” (Ana)
“Recuerdo el primer día que venía tan bloqueada, allí en aquella esquina, y pensaba: non me conocen, soy super rara, soy super impulsiva, soy borde… Que voy a hacer con estas mujeres aquí? Y fue empezar y… No sé, para mi significáis muchísimo ahora, aprendí muchísimo, y una de las cosas que aprendí es que no soy tan rara, que sentís como yo, es una pasada porque yo venía como el patito feo. Y me sentí super acompañada, libre y yo no suelo hablar, no profundizo en mis cosas y me vi débil, frágil, me encantó todo. La química que hai, la energía, los abrazos… Yo soy un toxo para los abrazos… La música, ser cuidadora, las muestras de cariño…” (María)
“Para min é o primeiro obradoiro, estou super feliz da experiencia e non teño palabras porque foi bestial. Eu partía da incredulidade… Tareixa dicíame: “é algo que fai avanzar máis” e eu supuña que si, pero… e agora podo dicilo: é bestial, pódese tocar! Eu xa tiña iniciado un proceso de sesións individuais con Tareixa hai meses, por atoparme nun momento persoal de cambio, de querer deixar de ser a persoa que estaba sendo, que non me gustaba nada, estaba instalada no maltrato. E a verdade que o avance co obradoiro foi espectacular: tiña sensación de que ía empurrando unha pedra e co obradoiro foi o momento do parto, en que expulsas xa. Agora si empezo a crer que podo cambiar moitas cousas mal aprendidas… Agradezo moito esta experiencia grupal, flípame escoitarvos, a experiencia de escoitar está sendo incrible. Ao mesmo tempo a experiencia de falar, de ser capaz de expresar o que sinto, que axuda moitísimo. Teño a sensación de que estou dando os primeiros pasos en firme, pero hai cousas que seguen aí, e como a cabra tira ao monte, eu necesitaría máis tempo de obradoiro! Hai un ano non me vería como estou agora, nin de broma. Son cousas intensísimas… Incluso me sorprendo a min mesma. E penso que a axuda é absolutamente necesaria, non creo que tivera conseguido todo isto eu soa… Isto péchase, pero ábrense moitas cousas novas… Fantástico! É un comezo realmente!“ (Mer)
“Pois eu lévome ese traballo exponencial que sae cando estamos en grupo; que me encanta porque aprendemos todas un montón de todas, que nos axuda a facer máis camiño, a ver máis cousas… Gustoume todo o traballo dos labirintos, entender que hai que ir ás diferentes etapas da nosa vida para pechar o que necesito pechar… Quedoume tamén moi gravado o de aliados e monstros, saber recoñecelos na miña vida, para min é unha clave… E entender que podemos poñernos no centro da nosa vida!“ (Aida)
“Creo que o máis importante para min e o que me levo, sen dúbida, é saber de onde veñen algunhas das inseguridades que teño na miña vida de adulta; nunca antes me parara a pensar de onde procedían eses sentimentos que en moitos momentos me dificultan a vida. Conseguín, co traballo dos labirintos localizalos no pasado, na infancia, e visualizar que me foron transmitidas de forma non consciente. Entendo que nesas idades atópaste totalmente espida para loitar contra palabras erróneas que te danan, non posúes as ferramentas axeitadas que xa consegues ter de adulta para poder loitar con elas e que non che afecten situacións e comportamentos… O ter visualizado iso para min é algo moi potente, poido intentar desterrar a crenza que me creaba esa inseguridade e situar no seu lugar unha nova crenza que me fortaleza, así consigo que perdan forza esas inseguridades que levo arrastrando dende nena. Agora sei como colocarme desde a miña fortaleza e esa é unha responsabilidade miña como adulta. A maiores tamén descubrín que non sei pechar os meus dos, o que pode facer que isto quede enquistado e perdure nos anos. Polo tanto aprendín a necesidade de pechalos. Por outra banda, aprendín tanto neste obradoiro coma no anterior a importancia de traballar o corpo e a mente o mesmo tempo, visualicei sobradamente que non lle dou importancia ao meu corpo, non o escoito, só poño a miña atención en traballar o meu intelecto, algo que intento remediar, pero resúltame bastante difícil. Ademais visualicei que sempre antepoño as responsabilidades da miña vida, sexan laborais, familiares etc, ao meu coidado e benestar. Son consciente de que non é gratuíto, senón que na sociedade patriarcal na que vivimos somos ensinadas primeiro a coidar @s demais, a non prestarnos atención, a nosa felicidade realmente non é importante. Quero aprender a colocarme doutra maneira na miña vida, acompañarme, coidarme, pensar en estar en harmonía conmigo mesma. Vir aos obradoiros axúdame a localizar e concretar cousas que consideraba intrínsecas e non o son, senón que son impostas. Poder localizalas e levar ferramentas e pautas para traballar polo meu benestar fai que os obradoiros sexan unha experiencia moi enriquecedora á que resulta doado asistir por ser un espazo seguro de dunha gran xenerosidade.” (Carme)
“Eu cheguei sen demasiadas expectativas, apunteime ao obradoiro para despedirme de meu pai que morreu hai un ano e o que máis aprendín foi a pechar etapas, volver a vista atrás e despedirme, e perdoar e dar grazas por aquilo que vivín. Incorporei á miña vida a respiración polos pés e a tomar conciencia de coidar o meu corpo, de mimalo, de atendelo. Gustoume especialmente a ronda do principio para contarnos, e compartir os labirintos das compañeiras en pequenos grupos e tirar conclusións desde esa empatía que había entre nós… Resalto os momentos de lecer, as mesas postas con tanto mimo e tanta fermosura, a decoración da sala… E logo en canto a contidos, as pistas, ferramentas e guías para o noso día a día, para afrontar os cambios. Eu xa veño dunha traxectoria de varios obradoiros, pero neste momento da miña vida axudoume moito a recoñecer, a ver con paz, a lembrar quen son, a recuperar a autoestima. E tamén me axudou facer o da nova crenza, partillala, tela presente e escoitar as das outras compañeiras… Xa se falou tamén da sinerxía, da enerxía que flúe entre nós… Temos na nosa man a posibilidade de poder atoparnos…” (Bea)