Benquerida compañeira
Co novo ano recen estreado, seguimos nesta nosa andaina de medrar en autonomía persoal e consciencia, de construírmonos vidas en liberdade e harmonía para nós e para o planeta…
Con esta teima, mándoche esta invitación para o obradoiro de VÍNCULOS AFECTIVOS E RELACIÓNS AMOROSAS que vai comezar en Compostela este vindeiro mes de febreiro.
Un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións afectivas… Constrúo relacións que me desgastan e me sacan enerxías? Constrúo vínculos que me fan ben e me nutren?
Imos comprender os dinamismos dos procesos amorosos: a sedución e o namoramento, a fusión e a separación, os guións de vida, os negociables e os innegociables…
Miraremos como construír espazo persoal e espazo compartido desde os diferentes modelos de relación. E tamén nos achegaremos aos procesos de desamor para ver como atravesar rupturas e facer despedidas.
Queremos colocarnos en relacións de botrato, conectando coa nosa creatividade. E desde aí construír fermosos proxectos amorosos para as nosas vidas.
Podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da túa vida: amigas, irmás, fillas, parellas, colegas…
Para apuntarte, podes chamarme antes do mércores 22 de xaneiro ao 639 20 36 69 . Coma sempre, as prazas van ser limitadas.
Unha apertiña.