The Mask You Live in: análise do modelo patriarcal de ser home

Hoxe propoñémosche parar a comprender como o patriarcado constrúe un modelo de ser home con terribles consecuencias para eles e para elas…

The Mask You Live In é unha magnífica película documental estadounidense do ano 2017 na que  nenos e homes falan con sinceridade e valentía das súas experiencias niso de “facerse homes”. Todo sazonado con análises clarificadoras de persoas profesionais expertas no tema.

Emociona… entristece… enfada… Axuda a entender moitas cousas que pasan e que me pasan… Paga a pena!!!

Preme aquí para visionar o documental (en inglés, con subtítulos en español).