Arquivo por meses: Xuño 2020

“Fabricando luz” e “Morra o conto”: A Banda da loba…

A nosa amiga Concha mándanos referencia de A Banda da Loba… Traémosvos dúas das súas cancións: A “Fábrica de Luz”, que é un “canto á creación e á liberdade. Unha declaración de intencións. Unha chiscadela á música dos 80. Moita luz e amor…”. Para velas fai click aquí.
E con motivo de animar á xente a saír á rúa o pasado 8M, A banda da Loba sacara o vídeo “Morra o conto“, cunha letra inspirada no poema “O talle 50”, de Andrea Nunes Brións, recollido en “Todas as mulleres que fun”. Para velas, preme  aquí

Movemento de Mulleres pola Saúde

A nosa compañeira Ana mándanos este video no Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, que se celebra o 28 de maio.
O vídeo, realizado pola asociación de Psicoloxía e Psicoterapia Feminista, fai percorrido histórico do Movemento de Mulleres pola Saúde desde os anos 60; tamén fala dos seus logros e vindicaciós pendentes, e dá claves sobre a importancia do feminismo na Saúde Mental.
Para ver o vídeo, preme aquí. Paga a pena coñecer algo desta nosa historia…