Unha vez máis recomendamos a obra de teatro “As fillas bravas”, da compañía Chévere que se vai representar o vindeiro sábado 1 de agosto ás 22h nas Pistas de Campolongo en Pontevedra.
“As fillas bravas” fala sobre da sexualidade, sobre das relacións de xénero, e sobre os roles das mulleres na sociedade tradicional galega. E faino con liberdade, desenfado e grandes doses de humor para desenmascarar mitos, escapar do rol de vítima e reafirmar modelos empoderados de mulleres.
A obra está protagonizada por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, que dan vida a tres pandereteiras que tocan e cantan do cancioneiro tradicional e provocan empatía ofrecendo unha boa dose de autoestima e gargalladas.
A non perdelas… aquí ou en calquera outro lugar do territorio…