Autocoidado e Autocoñecemento para o Botrato Obradoiros en Arcade (Soutomaior) e Ponte Caldelas

Benqueridas compañeiras

Este ano, abrimos estas dúas convocatorias de obradoiro a través dos CIM de Arcade (Soutomaior) e Ponte Caldelas, ambos espazos de balde.

A situación que estamos a vivir a raíz do coronavirus é unha situación complexa na que brotan en nós medos do pasado, inseguridades do presente, incertezas de futuro… Sentímonos como nun labirinto sen saber como saír del.

Necesitamos aprender a acompañarnos, conectarnos coa enerxía vital para seguir vivindo desde o autocoidado. Estes dous cursos ofrecen ferramentas para iso, para aprender a manexar este e outros cambios que nos desorientan, nos desbordan, nos xeran confusión… E colocarnos na saúde e no Botrato

Como podedes supoñer,  imos construír un espazo con todas as medidas de seguridade necesarias. Por este motivo, os grupos van ser moi limitados: máximo 9 persoas.

Non perdas a oportunidade!!! Mira datas e horarios… e apúntate!!!

1. Autocoidado para o Botrato en tempos de coronavirus – Arcade (Soutomaior) – Luns 14, 21 e 28 de setembro, e 05 e 19 de outubro, de 10h a 13h. Para apuntarse, chamar ao CIM (986 70 12 27) antes do 7 de setembro.

2. Autocoñecemento para o Botrato en tempos de coronavirus – Ponte Caldelas – Martes 15 e 29 de setembro, e 13 e 27 de outubro, de 10h a 13h OU Martes 22 de setembro, 06 e 20 de outubro, 03 de novembro, de 16h a 20h. Para apuntarse, chamar ao concello (986 75 00 13) antes do 11 de setembro.