Invitación ao Congreso de Comunicación e Consciencia

Hai unhas semanas ofrecéronme a posibilidade de participar no “Congreso de Comunicación y Consciencia” (COCO) que se vai desenvolver do mércores 4 ao luns 9 de novembro.

Eu participo no Congreso o xoves 5 de novembro, coa comunicación “Desde o Botrato para o Botrato”. Invítote a que a escoites.

Podes inscribirte gratuitamente a todo o Congreso facendo clic aquíhttps://comunicacionyconsciencia.com/?ref=V42509214T

No Congreso participamos 40 expertas/os; neste enlace poderás acceder ao resto de expertas/os e ás súas comunicacións que intentan responder a preguntas como:

  • O que pensamos e dicimos condiciona a nosa saúde física e emocional?
  • Por que nos sentimos culpables cando non expresamos de xeito auténtico?
  • Como manexar confusións e conflitos dun xeito construtivo, chegando a acordos?
  • Como dar poder ás nosas palabras?
  • Como darnos o noso lugar na vida e nas relacións: con nós mesmas, na parella, na familia, nas amizades, no traballo…

No Congreso, ofrécese información, ferramentas e estratexias para unha comunicación asertiva que mellore as nosas relacións:

  • Identificando estilos e hábitos de comunicación
  • Desvelando temores ocultos que sabotean a comunicación
  • Vendo como transformar patróns e crenzas limitantes para poder amosarnos tal e como somos
  • Reducindo estrés á hora de relacionarnos
  • Aprendendo a deixar de colocarnos como vítimas
  • Aprendendo a responsabilizarnos das nosas necesidades, sentimentos, pensamentos e condutas (deixando de responsabilizarnos das dxs demais)
  • Atopando ferramentas para permanecer abertas/os e receptivas/os para responder con habilidade e sabedoría
  • Aprendendo unha comunicación consciente para ser máis compasivas/os e flexibles nas nosas relacións
  • Descubrindo que palabras nos curan e elevan

Ben, pois espero que este agasallo che sexa de utilidade e que o poidas desfrutar tanto del como desfrutei eu participando… E como agasallo que é, podes ofrecelo a quen ti queiras, porque está creado para chegar ao máximo de corazóns posibles…

Unha apertiña e, coma sempre, moito botrato para as nosas vidas, especialmente nestes momentos!!!

Tareixa.