“Autocoñecemento para o Botrato en tempos de coronavirus” foi o que nos convocou a dous grupos de mulleres en Ponte Caldelas.
Foron oganizados e convocados polo CIM, con todas as medidas de seguridade precisas para soster un espazo presencial desde o coidado e o botrato para todas nós…
Todas necesitabamos vernos, contarnos, compartir…
Queremos partillar aquí algo da experiencia de varias compañeiras:
“Síntome menos pesada, máis lixeira. Coa visualización de cando era nena, sentín o clic de non xulgar, como que caín na conta de que non necesitaba xulgar. E non me sinto tan culpable, estaba metida nun lío con iso. E agora sinto que a solución é ter máis calma na miña vida. Non necesito facer tantas cousas e non necesito tampouco que sexan tan perfectas. Poden pasar sen xulgalas…”
(Lucía)
“O obradoiro foi para min unha viaxe de introspección imprevista que me valeu para decatarme de fortalezas que pensaba que non tiña e cerrar, de todo, contas pendentes co pasado. Foron días máxicos para min e moi enriquecedores. Grazas por todo, de corazón.”
(Alicia)
“Que aprendín? Aprendín a escoitar o meu corpo, a poder ver as miñas feridas, a darme conta. Aprendín a aceptarme, a darlle valor ao autocoidado. Foi unha oportunidade poder asistir ao obradoiro de Tareixa, e grazas a unha entorna de seguridade con outras compañeiras. Fíxome avanzar na miña busca interna. Aprendín a identifcar moitas cousas, ás que antes non dera a importancia que realmente teñen, visualizar todas esas ferramentas para telas dispoñíbeis, foi un dos agasallos que me ofreceu este espazo de crecemento, que sinto que agora podo acompañame no meu camiñar. Moitas grazas Tareixa e a vós compañeiras tamén. ”
(Teresa)