As Fillas Bravas, da compañía Chévere

“As Fillas Bravas” é unha obra de teatro  da Compañía Chévere da que falamos nalgún momento neste blog. Nela actúan marabillosamente Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.

A estrea foi en xullo 2014 na Mostra de Teatro de Cangas e aínda andan a representar a obra por diversas comarcas da Galiza, a última en agosto pasado, no Festival con Voces de Muller en Pontevedra.

Podes ver a obra completa, facendo clic aquí.

Como apunta a Sala Nasa na súa presentación: “Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século