Curso Básico de Facilitación de Grupos

A través de María chéganos esta convocatoria ao “Curso básico de facilitación de grupos. Ferramentas e habilidades para a xesión de colectivos“, que vai pola súa VIII edición na Galiza. É un curso que organiza a cooperativa Rexenerando, un equipo interdisciplinar que desenvolven proxectos arredor de tres eixos de traballo: igualdade de xénero, participación social e cultura.

Dámoslles a palabra:

“Desde Rexenerando comprácenos contarche que en outubro volve o Curso Básico de Facilitación de Grupos do IIFAC-e ás nosas terras. Trátase dunha formación que busca contribuír a un cambio de paradigma nas relacións humanas, para coñecer e integrar na nosa práctica diaria a revolución que supón aprender a traballar en colectivo. Está dirixida a persoas que traballan con grupos ou teñen interese en aprender máis sobre ferramentas, habilidades e metodoloxías neste eido.

O curso desenvólvese de outubro de 2021 a maio de 2022, en módulos mensuais de fin de semana. Celébrase de maneira presencial en Santiago de Compostela, e ten un custe de 950 €. Está homologado polo IIFAC-e, e pode ser bonificado.

No dossier anexo podes consultar toda a información, incluíndo o calendario e programación dos módulos. Podes seguir tamén as novas do curso na nosa web e redes sociais.

Se tes interese en matricularte, escríbenos a info@rexenerando.com para que che facilitemos o formulario de inscrición e che deamos as instrucións para facer o pagamento da reserva de praza. Ten en conta que as inscricións que se realicen antes do 31 de xullo terán un desconto do 5% (50 €) na matrícula. “

Ben, pois unha oferta de interese na nosa terra…