Benqueridas compañeiras
Como estades? Como están as vosas familias, a vosa xente máis querida? Como foi indo o verán? Como está sendo retomar o ritmo de a diario?
Este mes imos ter a Xornada do Reencontro! Unha oportunidade para vernos, estar… Vivimos moitas cousas todos estes meses pasados: situacións inesperadas, moitas veces dolorosas, algunhas abríndonos a novos lugares vitais… De seguro que nos vai encantar xuntarnos para escoitarnos, compartir, arrouparnos, sentírmonos en colectivo… Desde o corazón, desde o corazón da Terra, desde o corazón da Vida.
Desta volta, a Xornada do Reencontro vai ser o sábado 25 de setembro, no Local Social de Pontepedriña.
Este ano, excepcionalmente por cuestións das restricións do Covid imos facelo do seguinte xeito:
1. Apuntarnos ao grupo da mañá (de 10h a 14h) ou no grupo da tarde (de 16h a 20h)
2. Se chove, déixannos estar na sala un grupo de 6. Se fai bo tempo, poderemos estar no parque do local social e ampliar o grupo ata 10
3. Se fai bo, faremos xuntas o xantar no parque do local social: o grupo da mañá e o grupo da tarde. Se chove, xantaremos cadaquén pola nosa conta
Ben, pois ídevos apuntando antes do domingo 19 de setembro… E ide reservando dataaaaaaa nas vosas axendas!!!
Recordade que a Xornada do Reencontro é exclusivamente para mulleres que teñades participado nalgún obradoiro así que, neste caso, NON reenviedes a convocatoria.
Coma sempre, a achega económica vai ser voluntaria, poñeremos un peto alí na sala.
Unha apertiña e moito, moito Botrato para as vosas vidas!!!