“Dende a Concellería de Igualdade, LGTBI e Cooperación do Concello de Cabanas desenvolvemos o proxecto “Saúde e Benestar” co obxectivo de achegar información e sensibilizar sobre temas de saúde física, social e mental de mulleres e nenas.
O proxecto pretende dar unha perspectiva integral, feminista e comunitaria de alternativas para mellorar a calidade de vida das mulleres.
A través de esta invitación animámosvos a asistir con nós á Xornada “Saúde e benestar das mulleres” que terá lugar o próximo venres 5 de novembro ás 18:00 h coa finalidade de sensibilizar e poñer en valor ferramentas, experiencias e metodoloxías de traballo grupal dende unha perspectiva feminista.
As temáticas e persoas relatoras que acolleremos nesta Xornada son as seguintes:
● “Violencias institucionais contra a saúde das mulleres (Lola Ferreiro Díaz)
● “Como construir botrato en tempos de crise” (Tareixa Ledo Regal)
● “Mulleres, apoderamento e historia” (Olga Romasanta Iglesias)
O encontro terá lugar no Salón de Actos do concello de Cabanas e pode
inscribirse no teléfono 687 14 37 71 ou igualdade@cabanas.gal