María Solinha – Unha película a non perdernos…

Vigoplan | Maria Solinha Redondela Estreno Mundial

A nova película de Ignacio Vilar: María Solinha, rodada en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e San Martiño de Moaña estreouse este pasado xuño en Cangas e Redondela, e agora está na carteleira dalgúns dos nosos cines.

A película reconstrúe a historia de María Solinha, unha muller rica e viúva de Cangas acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no ano 1621.

Entre o elenco de actrices e actores destacan referentes do cine galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das dúas actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez, alumnas no seu tempo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo). Tamén participaron no filme veciñas e veciños da comarca, e o propio alcalde de Cangas (Xosé Manuel Pazos) como rexedor na Inquisición.

Unha película, a un tempo deliciosa e dura, que conta dúas historias de opresión vividas por mulleres a través dun enxeñoso paralelismo entre o século XVII e o XXI.

Non vola perdades, paga a pena!!!